Avelino García Ferradal
Biografía | |
---|---|
Nacemento | 14 de novembro de 1960 (64 anos) A Rúa, España |
Alcalde da Rúa | |
2011 – 2015 – María González Albert → | |
Actividade | |
Ocupación | político, mestre |
Partido político | Partido Popular |
Membro de |
Avelino García Ferradal nado na Rúa o 14 de novembro de 1960, é un político galego do Partido Popular de Galicia.
Traxectoria
[editar | editar a fonte]Profesor, foi presidente do Instituto de Estudios Valdeorreses[1]. Encabezou a candidatura do PPdeG á alcaldía da Rúa en 2003 e 2007, sendo en ambas ocasións a forza máis votada, se ben non logrou a alcaldía tras pactalos independentes do RUA, PSdeG e BNG. Nas eleccións municipais de 2011 encabezou novamente a candidatura do PPdeG á alcaldía da Rúa e foi elixido alcalde grazas á abstención do número 2 do RUA, Fernando Rodríguez Rodríguez, pese a que a formación independente optara por un novo tripartito cos socialistas e nacionalistas[2]. Nomeou a Rodríguez concelleiro de Urbanismo. Nese mandato deputado provincial e responsable da área de cultura.
Nas municipais de 2015 perdeu a alcaldía tras un pacto entre BNG e PSdeG. En 2017 substituíu a Edelmira Barreira no Senado.[3] Nas Eleccións xerais de abril de 2019 foi na lista ao Congreso dos Deputados, mais non saíu escollido.
Notas
[editar | editar a fonte]- ↑ «O importante é o equipo» La Voz de Galicia.
- ↑ "Fernando Rodríguez le da la Alcaldía de A Rúa al PP, al romper la disciplina de grupo" Faro de Vigo.
- ↑ "Ficha no Senado". Arquivado dende o orixinal o 20 de febreiro de 2017. Consultado o 02 de decembro de 2019.
Véxase tamén
[editar | editar a fonte]Outros artigos
[editar | editar a fonte]Ligazóns externas
[editar | editar a fonte]- "RUA y PP llegan a un «acordo de estabilidade» para el gobierno rués" La Voz de Galicia, 10/9/2011.
- "El PP de A Rúa arropa a García Ferradal tras conocer el respaldo de Baltar" La Voz de Galicia, 04/11/2002.
- "Ferradal decidió dejar la presidencia del Instituto de Estudios Valdeorreses" La Voz de Galicia, 21/11/2003.
Predecesor: Luis Fernández Gudiña |
Alcalde da Rúa 2011 - 2015 |
Sucesor: María González Albert |